VIGAIRÍA DE PASTORAL
BISPADO DE OURENSE
 |
|
Descargar PASTORALIA nº35 PROGRAMACIÓN DIOCESANA DE PASTORAL 2011-2012 |
LEMA PARA O CURSO 2011 - 2012
"Unha Igrexa en serena espera"
|
OBXECTIVO
CURSO 2011 - 2012
A Igrexa en Ourense, crecendo en comuñón, profundiza a súa identidade no encontro coa Palabra de Deus, na vivencia dos Sacramentos e no servizo da Caridade.
|
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
PARA O CURSO 2011 - 2012
OBXECTIVO ESPECÍFICO PRIMEIRO:
Asumir a Palabra de Deus coma luz para a vida e alma da nova evanxelización.
OBXECTIVO ESPECÍFICO SEGUNDO:
Potenciar a vida de fe das familias, para que acompañen ós seus fillos no proceso da vida sacramental, especialmente no proceso da Iniciación cristiá.
OBXECTIVO ESPECÍFICO TERCEIRO:
Vivir a dimensión caritativa da Eucaristía, para edificar comunidades humanizadas e humanizadoras que compartan os bens cos máis necesitados.
|
OBXECTIVO ESPECÍFICO 1º
A PALABRA DE DEUS
Asumir a Palabra de Deus coma luz para a vida e alma da nova evanxelización.
|
ACCIONES
1. NIVEL DIOCESANO
- Organizar a IV Semana de Teoloxía sobre a Verbum Domini, no décimo aniversario da creación dos grupos bíblicos. Equipo Vig. Pastoral.
- Formación permanente do clero a partir da Verbum Domini con aplicacións operativas. Equipo Vig. Clero.
- Promover e estimular a creación de grupos bíblicos. Equipo Vig Pastoral e quipo Bíblico.
2. NIVEL ARCIPRESTAL
- Dar a coñecer as actividades diocesás (cursos, Semana Teoloxía,…) e fomentar a participación nelas. Arcipreste e Secretario.
- Promover a lectura crente da Palabra de Deus: elexir a un responsable, convocar un encontro das personas que participan nela e organizar unha experiencia de lectio divina. Arcipreste e responsable.
- Nos retiros arciprestais (clero, segrares, relixiosos) propiciar o encontro orante coa Palabra de Deus. Equipo Vig. Clero e Arcipreste.
3. NIVEL PARROQUIAL
- Difundir as actividades diocesás e arciprestais entre os membros da comunidade parroquial. Párroco.
- Crear e potenciar os grupos bíblicos. Párroco.
- Coidar a proclamación da Palabra de Deus nas celebracións. Párroco.
- Iniciar as reunións coa lectura da Palabra de Deus. Párroco.
- Preparar con esmero as homilías (cfr. Verbum Domini). Párroco.
OBXECTIVO ESPECÍFICO 2º
LA INICIACIÓN CRISTIANA
Potenciar a vida de fe das familias, para que acompañen ós seus fillos no proceso da vida sacramental, especialmente no proceso da Iniciación cristiá.
|
ACCIONES
1. NIVEL DIOCESANO.
- Organizar a Semana da familia, fomentando o acompañamiento na Iniciación cristiá. Del. Familia.
- Na revista Comunidade crear un apartado dedicado á familia. Dels. Familia e Medios.
- Seguir avanzando na organización do catecumenado prebautismal de adultos e de nenos en idade escolar. Equipo Vig. Pastoral, Dels. Catequese, Liturxia e Grupo Interparroquial.
2. NIVEL ARCIPRESTAL
- Urxir o cumplimento da normativa diocesá sobre os Sacramentos da Iniciación cristiá. Arcipreste e Secretario.
- Acoller a Semana da familia e fomentar a participación nella. Arcipreste e Secretario.
- Donde sea necesario, seguir dando pasos en orden á organización conxunta de catequese a nivel arciprestal e de zona. Arcipreste e Secretario.
3. NIVEL PARROQUIAL
- Organizar celebracións comunitarias da Penitencia con confesión íntegra e absolución individual de forma periódica (tempos litúrxicos “fortes”, preceptos, novenas...). Párroco.
- Ter reunións cos pais dos nenos na Iniciación cristiá. Párroco.
- Coidar a acollida e o acompañamento das familias que solicitan os sacramentos e preparar con esmero as celebracións. Párroco.
- Potenciar os grupos de monagos, fomentado o despertar vocacional. Párroco e Del. Vocacións.
OBXECTIVO ESPECÍFICO 3º
LA ACCIÓN CARITATIVO-SOCIAL
Vivir a dimensión caritativa da Eucaristía, para edificar comunidades humanizadas e humanizadoras que compartan os bens cos máis necesitados.
|
ACCIONES
1. NIVEL DIOCESANO
- Organizar un curso de estudio e reflexión sobre a íntima relación Eucaristía-Caridade. Dels. Liturxia, Caritas e Equipo Vig. Pastoral.
- Promocionar as grandes campañas diocesás de solidariedade en pro dos máis desfavorecidos. (Caritas, Mans Unidas, Misións, Igrexa Diocesá...).
- Coordinación de Caritas. Caritas Diocesá e Parroquiais.
2. NIVEL ARCIPRESTAL
- Crear e potenciar Caritas. Arcipreste.
- Promover a creación de bancos de alimentos onde sexa posible. Arcipreste.
- Coordinar as distintas institucións de caridade. Arcipreste.
3. NIVEL PARROQUIAL
- Contar con persoas que informen de enfermos e anciáns e, onde sexa posible, iniciar grupos de visitadores que os atendan. Párroco.
- Promocionar a celebración comunitaria da Unción de Enfermos. Párroco.
- Facer a colecta de Cáritas o primeiro domingo de cada mes. Párroco.
- Esmerarse en acoller ás persoas que se acercan a parroquia e buscar ós que non veñen. Párroco.
- Despertar na comunidade a conciencia do compartir (homilías, preces,…). Párroco.
- Elaborar un listado de persoas necesitadas. Párroco.
COUSAS QUE NON PODEMOS ESQUECER
- Seguir promovendo o día do Señor: Campaña do domingo (segundo e terceiro domingo de Pascua).
- Seguir promovendo a adoración eucarística e a visita ó Santísimo.
- Continuidade da pastoral da mocidade: darlle continuidade a JMJ. Darlle continuidade ó proxecto marco da mocidade xa estudiado no curso pasado.

|