VIGAIRÍA DE PASTORAL
BISPADO DE OURENSE
LEMA PARA O CURSO 2010 - 2011
“…Edificados en Cristo, firmes na fe” (Col 2, 7).
Son Igrexa… Ven e verás.
|
OBJETIVO XERAL
CURSO 2010 - 2011
A Igrexa en Ourense, asumindo o compromiso bautismal, expresa a súa confianza nos mozos e convócaos a ser testemuñas de Cristo e protagonistas da súa misión evanxelizadora.
|
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
PARA O CURSO 2010 - 2011
OBXECTIVO ESPECÍFICO PRIMEIRO:
Reavivar na comunidade cristiá a conciencia de que, polo bautismo, todos somos membros activos e corresponsables na misión da Igrexa.
OBXECTIVO ESPECÍFICO SEGUNDO:
Propoñer ós mozos o encontro con Xesucristo na Igrexa para que se incorporen á misión evanxelizadora nos seus ambientes.
OBXECTIVO ESPECÍFICO TERCEIRO:
Potenciar a formación (capacitación) dos axentes de pastoral (sacerdotes, relixiosos, pais, catequistas, profesores,...) para acoller e acompañar ós mozos no seu proceso de maduración na fe.
|
OBXECTIVO ESPECÍFICO 1º
Reavivar na comunidade cristiá a conciencia de que, polo bautismo, todos somos membros activos e corresponsables na misión da Igrexa.
|
ACCIÓNS
1. NIVEL DIOCESANO
- Facer que a comunidade cristiá tome conciencia do seu compromiso bautismal mediante:
- Cursiño diocesano sobre a Igrexa, misterio de comuñón e misión (Semana de Teoloxía).
- Preparación prebautismal de pais e padriños (acollida, cursiño, celebración,...). Responsable: Delegacións de Liturxia e Catequese.
- Preparación á iniciación cristiá de adultos. Responsables: Delegacións de Liturxia e Catequese..
2. NIVEL ARCIPRESTAL
- Seguir urxindo o cumprimento da normativa diocesana respecto da Iniciación Cristiá. Responsable: Sr. Arcipreste.
- Incorporar segrares á actividade pastoral do arciprestado. Responsable: Sr. Arcipreste..
3. NIVEL PARROQUIAL
- Presentación da programación pastoral na parroquia a través de un guión diocesano como marco da programación parroquial. Responsables: Sr. Cura Párroco e colaboradores.
- Explicar e incidir en homilías dominicais, tempos fortes, reunións de pais,… as esixencias da condición bautismal. Responsables: Sr. Cura Párroco e equipo de liturxia.
- Crear e promover canles de participación dos laicos na parroquia: consello de pastoral, económico, asemblea parroquial… Responsables: Sr. Cura Párroco e colaboradores.
- Coidar de maneira especial o aspecto vocacional nas catequeses parroquiais. Responsables: Sr. Cura Párroco e Responsable de catequese.
OBXECTIVO ESPECÍFICO 2º
Propoñer ós mozos o encontro con Xesucristo na Igrexa para que se incorporen á misión evanxelizadora nos seus ambientes.
|
ACCIÓNS
1. NIVEL DIOCESANO.
- Potenciar e coordinar tódolos movementos diocesanos que traballan con mozos. Responsables: Delegacións de Mocidade e Apostolado seglar.
- Encontro diocesano de mozos con un traballo previo (parroquia-arciprestado-diocese) orientado á “JMJ”. Responsable: Delegación de Mocidade.
- Crear unha plataforma de voluntariado onde os mozos atopen espacios para implicarse (Caritas, Mans Unidas, Proxecto Home, Residencias, Centro Penitenciario,…). Coordina: Delegación de Mocidade con un equipo no que estean representadas ditas institucións.
- Espacio fixo na revista Comunidade para “JMJ”.
2. NIVEL ARCIPRESTAL
- Face-lo censo de mozos en cada zona ou arciprestado, ó principio do curso. Responsables: Sr. Arcipreste e Responsable dos mozos da zona.
- Convocar un encontro de mozos por zonas ou arciprestados no primeiro trimestre, orientado á “JMJ”. Responsables: Sr. Arcipreste e Responsable dos mozos da zona, en coordinación ca Delegación da Mocidade.
- Encontro de confirmandos co grupo de mozos do arciprestado, ó final do curso. Responsables: Sr. Arcipreste e Responsable dos mozos da zona, en coordinación ca Delegación da Mocidade.
- Organizar convivencias, campamentos, retiros e Exercicios Espirituais para a mocidade. Responsables: Sr. Arcipreste e Responsable dos mozos da zona.
3. NIVEL PARROQUIAL
- Convocar ós mozos xa confirmados para invitalos a participar nos encontros arciprestais e diocesanos da “JMJ”. Responsables: Sr. Cura Párroco.
- Reunión para coordinar parroquia e profesores de relixión que traballen no ámbito parroquial, en orden á preparación e participación na “JMJ”. Responsables: Sr. Cura Párroco e Delegación de Mocidade.
- Participar no encontro diocesano de mozos. Responsables: Sr. Cura Párroco e Delegación de Mocidade.
- Utilizar as posibilidades que ofrecen as redes sociais (Facebook, Tuenti, e-mail,…) nesta pastoral da mocidade.
OBXECTIVO ESPECÍFICO 3º
Potenciar a formación (capacitación) dos axentes de pastoral (sacerdotes, relixiosos, pais, catequistas, profesores,...) para acoller e acompañar ós mozos no seu proceso de maduración na fe.
|
ACCIÓNS
1. NIVEL DIOCESANO
- Orientar a Formación Permanente do clero a tenor do expresado nesta programación (Documento Marco da Comisión Episcopal da Mocidade). Responsables da Formación Permanente do Clero.
- Cursiño a nivel diocesano para axentes de pastoral e monitores de animación xuvenil, como inicio de unha escola de formación de axentes de pastoral con mozos. Responsable: Acción Católica de Ourense..
2. NIVEL ARCIPRESTAL
- Animar ó segrares para que participen nos ámbitos de formación diocesana (Cursiños, Escolas Diocesanas,…). Responsable: o Sr. Arcipreste e Responsable de Apostolado Segrar.
- Propoñer por zona ou arciprestado un sacerdote, relixioso ou segrar, que sexa o responsable da pastoral cos mozos. Responsables: os sacerdotes do arciprestado.
3. NIVEL PARROQUIAL
- Rezar nas distintas celebracións parroquiais polos mozos para que descubran a súa vocación cristiá. Responsables: Sr. Cura Párroco e Delegacións da Mocidade e das Vocacións.
- Facer que as familias, “Igrexas Domésticas”, tomen conciencia do seu compromiso bautismal, aproveitando reunións con pais, homilías, Escola de pais, Semana da Familia,… para motivar e acompañar o proceso de maduración na fe dos seus fillos. Responsable: Sr. Cura Párroco en coordinación cas Delegacións correspondentes.
- Buscar animadores de mozos na mesma parroquia: Responsable: Sr. Cura Párroco.
FACENDO MEMORIA DE CATRO ANOS DE TAREFA PASTORAL EN TORNO Á EUCARISTÍA
- Un coñecemento máis profundo do misterio da Eucaristía dende os seus diversos aspectos.
- Un proceso de reflexión na Iniciación Cristiá e na súa urxencia para á nova evanxelización.
- A campaña do Domingo, un reto a seguir potenciando: o Día do Señor e o compromiso da Igrexa doméstica na súa vivencia.
- A necesidade de promover Caritas e o compromiso cos máis desfavorecidos.
- A necesidade de seguir potenciando a Adoración e a Visita ó Santísimo.
- Afianzamento dos Grupos Bíblicos e os encontros en torno á Palabra de Deus.
- Afiánzase a conciencia da importancia da Programación Diocesana de Pastoral.

|