VICARÍA DE PASTORAL
OBISPADO DE OURENSE
Cuatrienio 2006 - 2010
Curso 2009 - 2010
CURSO 2009 – 2010:
OBXECTIVO XERAL
A Igrexa en Ourense, reaviva e promove a adoración a Xesucristo real e permanentemente presente na Eucaristía, sacrificio, comuñón e reconciliación. |
OBXECTIVOS PREFERENTES OU ESPECÍFICOS
PARA O CURSO 2009 – 2010
-
Cultivar na Comunidade cristiá a formación e vivencia do Misterio Eucarístico de cara a súa adoración.
-
Reavivar a adoración na celebración da Eucaristía e nos demáis actos de culto eucarístico.
- Redescubri-la celebración e a adoración eucarísticas como fonte e alimento da comuñón eclesial e da solidariedade ca humanidade ferida.
|
OBXECTIVO PREFERENTE 1º
(Anuncio e catequese)
Cultivar na Comunidade cristiá a formación e vivencia do Misterio Eucarístico de cara a súa adoración. |
ACCIÓNS
NIVEL DIOCESÁN
- Realizar un cursiño sobre a adoración. Responsables: Vigairía de Pastoral e Delegación de Liturxia (20 de febreiro).
- Aproveitar a revista Comunidade para concienciar a xente sobre o senso, importacia e esixencias da adoración. Responsables: Delegación de Medios, Liturxia e Catequese (todo o curso).
- Na formación permanente do clero profundizar nos temas centrais da programación e potencia-la adoracion nos retiros. Responsable: Vigairía para o Clero (todo o curso).
- Confeccionar materiais catequéticos sobre o significado e esixencias da adoración. Responsable: Delegación de Catequese.
NIVEL ARCIPRESTAL
- Dentro da temática da semana da familia suliñar “a dimensión eucarística da Igrexa doméstica”. Responsables: Delegación da Familia e Sr. Arcipreste.
- Na semana da familia coidar dun xeito especial a celebración da Eucaristía. Responsable: Delegación da Familia.
NIVEL PARROQUIAL
- Ter e dar a coñecer o “Ritual da Sagrada Comuñón e do Culto a Eucaristía fora da Misa” para o seu uso litúrxico e formativo. Responsables: Párroco e Axentes de Pastoral.
OBXECTIVO PREFERENTE 2º
(Liturxia)
Reavivar a adoración na celebración da Eucaristía e nos demáis actos de culto eucarístico. |
ACCIÓNS
NIVEL DIOCESÁN
- Reeditar os trípticos sobre a adoración, de xeito que sirvan para a visita e as exposicións do Santísimo. Responsable: Vigairía de Pastoral.
- Elaboración de guións litúrxicos sobre o senso da adoración e do culto a Eucaristía para utiliza-los nos domingos do Tempo Ordinario do 17 de xaneiro ao 7 de febreiro. Responsable: Delegación de Liturxia.
- Potenciar dunha forma moi especial a procesión do Corpus e a adoración do Xoves Santo. Responsable: Delegación de Liturxia.
NIVEL ARCIPRESTAL
- Crear ou potenciar en cada arciprestado un lugar de referencia da adoración e da-lo a coñecer (santuarios…). Responsable: Sr. Arcipreste.
- Promover un acto arciprestal de adoración. Onde haxa celebracións interparroquiais da Semana Santa, aproveitar o momento da oración ante o Monumento. Responsable: Sr. Arcipreste.
- Ensaiar cantos eucarísticos e compartir iniciativas para promove-la adoración. Responsable: Sr. Arcipreste
NIVEL PARROQUIAL
- Campaña para promover o silencio e a oración nos espazos sagrados (carteis, avisos e outros medios). Responsables: Párroco e Equipo de Liturxia.
- Coidar os silencios na celebración, en especial no momento da acción de grazas. Responsables: Párroco e Equipo de Liturxia.
- Promover momentos de adoración con nenos, mozos e adultos en orde a crear hábitos de silencio e oración. Responsables: Párroco, Equipo de Liturxia, Catequistas, Talleres de Oración, Escola de Silencio e grupos de Adoración nocturna e diurna.
- Facer un esforzo por manter abertos os templos, establecendo turnos de adoración, e informar dos horarios. Responsables: Párroco e Equipo de Liturxia.
- Procurar catequizar sobre o xeito de distribuir e recibi-la Sagrada Comuñón. Responsables: Párroco e Equipo de Liturxia.
- Coidar con esmero e decoro a dignidade da celebración, os distintos ministerios e espazos celebrativos (iluminación, lámpada do Santísimo, posturas corporais, xestos,…). Responsables: Párroco e Equipo de Liturxia.
OBXECTIVO PREFERENTE 3º
(Caridade e Comuñón)
Redescubri-la celebración e a adoración eucarísticas como fonte e alimento da comuñón eclesial e da solidariedade ca humanidade ferida. |
ACCIÓNS:
NIVEL DIOCESÁN
- Elaborar un elenco de textos bíblicos, patrísticos, litúrxicos e maxisteriais que relacionen Eucaristía, Comuñón e Solidariedade. Responsables: Vigairía de Pastoral, Delegacións de Liturxia e Catequese.
- Campaña de solidariedade coas familias afectadas pola crise, propondo un xesto concreto (un día de xornal) que se canalizará perante Cáritas diocesana e parroquiais.
- Presentación e difusión da Encíclica “Caridade na verdade”. Responsables: Cáritas Diocesana e Instituto Teolóxico “Divino Maestro”.
NIVEL ARCIPRESTAL
- Promove-la participación dos leigos creando e potenciando estructuras que propicien unha meirande comuñón arciprestal. Responsable: Sr. Arcipreste.
- Favorecer e promove-la fraternidade e comuñón sacerdotal participando na formación permanente (retiros, formación intelectual, pastoral e momentos lúdico-festivos). Responsables: Sr. Arcipreste e Sacerdotes.
- Potenciar Cáritas a nivel arciprestal e animar a creación de Cáritas parroquiais onde sexa posible. Responsables: Cáritas Diocesana, Sr. Arcipreste e Cregos.
NIVEL PARROQUIAL
- Colecta do primeiro domingo de cada mes para Cáritas. Responsables: Párroco e Equipo de Cáritas.
- Aproveita-las catequeses presacramentais para sensibilizar na austeridade e na solidariedade que xurde da fe en Cristo Eucaristía. Responsables: Párroco, Catequistas e Axentes de pastoral familiar.
- Descubrir na Comunidade a presenza de persoas en situación de risco ou exclusión social e buscar canles de acompañamento. Responsables: Párroco, Cáritas Parroquiais e Pastoral da Saúde.
ANO SANTO COMPOSTELANO
1 de xaneiro de 2010 ó 30 de decembro de 2010
|
OBXECTIVO: Como Igrexa peregrina renovar a nosa fe apostólica, lucrándonos da graza xubilar.
ACCIÓNS A NIVEL DIOCESÁN
- Informar e animar a participación na peregrinación diocesana o 22 de maio de 2010. Percurar que se xunten o meirande número de parroquias. Responsable: Delegado Episcopal para o Ano Santo Compostelano.
- Os mozos da nosa diocese fan o camiño de Santiago. Responsable: Delegado da mocidade.
- Peregrinación de nenos a Santiago. Responsables: Delegacións de infancia, misións e catequese.
- Distribuir tríptico informativo sobre o ano xubilar. Responsable: Delegado Episcopal para o Ano Santo Compostelano.
- Peregrinación dos catequistas a Santiago en unión coas dioceses galegas. Responsable: Delegación de catequese.
- Peregrinación dos alumnos de relixión dos colexios de ensinanzas medias a Santiago. Responsables: Delegación de ensino e profesores de relixión.
ACCIÓNS A NIVEL ARCIPRESTAL
- Animar ó arciprestado a participar na peregrinación diocesana. Responsable: Sr. Arcipreste.
- Preparación adecuada e celebracións penitenciais puntuais para facilitar ganar o xubileo. Responsable: Sr. Arcipreste.
- Catequese sobre o ano xubilar. Responsable: Delegación de catequese.
- Información adecuada nos albergues sobre as axudas espirituais ós peregrinos. Responsable: Sr. Arcipreste e párrocos correspondentes.
ANO SACERDOTAL
19 de xuño de 2009 a 11 de xuño de 2010.
|
OBXECTIVO: Promover e coordinar as diversas iniciativas espirituais e pastorais que se presenten para “axudar a percibir, cada vez máis, a importancia do papel e da misión do sacerdote na Igrexa e na sociedade contemporánea”.
ACCIÓS A NIVEL DIOCESÁN
- Organizar unha peregrinación diocesana a Roma coincidindo co encontro mundial de cregos. Responsable:Vigairía para o clero.
- Solemnizar e invitar a participar nas celebracións especificamente sacerdotais: Misa crismal, San Xoán de Ávila, Xesucristo Sumo e Eterno Sacerdote, San Xoán María Vianney e Órdenes Sagradas. Responsable:Vigairía para o clero.
- Animar ó clero diocesán e relixioso a participar nas distintas tandas de exercicios e retiros espirituais. Responsable:Vigairía para o clero.
- Cercanía e preocupación polos cregos nas súas distintas situacións. Responsable:Vigairía para o clero.
- Elaborar catequesis sobre o sacerdocio a partir de Cristo Bo Pastor, Mestre e Esposo. Responsable: Vigairía para o clero e Delegación de catequese.
- Campaña vocacional adecuada ós tempos actuais. Responsable: Delegación de vocacións.
- Organizar unha conferencia sobre a figura do Santo cura de Ars na festividade de San Xoán de Ávila. Responsable: Vigairía para o clero.
- Concienciar ós fieis cristiáns sobre a identidade e misión dos cregos diocesáns. Responsable: Vigairía para o clero.
- Publicar semblanzas de cregos defuntos que destacaron no seu labor sacerdotal. Responsable: Vigairía para o clero.
NIVEL ARCIPRESTAL
- Facilitar en cada arciprestado a participación dos cregos nos exercicios e retiros espirituais. Responsable: Sr. Arcipreste.
- Celebrar a nivel arciprestal a festividade do Bo Pastor. Responsable: Sr. Arcipreste.
- Presencia dunha digna representación de cada arciprestado na Misa Crismal. Responsable: Sr. Arcipreste.
- Involucrar ós fieis cristiáns na oración polos cregos e polas vocacións sacerdotais. Responsable: Sr. Arcipreste.
- Cunplimento das distintas normativas diocesanas en aras dunha meirande comuñón eclesial. Responsable: Sr. Arcipreste.

|