02 de septiembre de 2010
Edgar Lemos
Os días 21 e 22 de agosto reuníronse un grupo de mozos e mozas no Mosteiro de Santa Cristina para realizar un retiro espiritual. Nel reviviron a vida monacal, cos seus momentos de oración e de traballo cristián.
Nestes días, ademais dos ratos de oración e Eucaristía, contaron coa presencia de Loli, que lles falou da súa vida activa como cristiá.
Tamén leron unha carta de sor Mª Ángeles, monxa clarisa do Mosteiro de Vilar de Astrés. Na cal contaba a súa vida como relixiosa.
|