Noticias
da parroquia de O Carballiño
27 de setembro de 2004
Homenaxe
a D. Evaristo.

O
día 17 de setembro, foi un día
moi entrañable na vila do Carballiño; a inauguración
da estatua adicada a D. Evaristo, párroco
durante trinta e un anos no Carballiño.
Antes da procesión de san Cibrao,
tivo lugar este homenaxe. Autoridades civís,o Sr. Bispo
de Ourense, familiares do homenaxeado, sacerdotes o moito
público,reunímonos no entorno da Veracruz
para descubrir esta estatua. Foi construída pola escultora
Cuqui Piñeiro e costeada polo pobo
carballiñés coa axuda do concello do Carballiño,
e a Deputación provincial de Ourense.
Abriuse
o acto coas palabras do párroco do Carballiño,
D. José Benito Sieiro González,
ensalzando a historia do templo e a figura de D. Evaristo.
A continuación, o presidente da Deputación,
o Conselleiro Miras Portugal e o alcalde do Carballiño,
tiveron palabras de agradecemento ó que fora o noso
párroco e ó pobo do Carballiño.
Por último, cerrou o acto o Sr.
Bispo de Ourense, Monseñor D. Luis Quinteiro Fiuza,
cuhna oración de acción de gracias e un responso
polo homenaxeado.
Comezo das actividades parroquiais.
Durante este mes de outubro comezan
as distintas actividades parroquiais: catequese, grupos bíblicos,
adoración nocturna e diurna, Cáritas, Legión
de María, grupo de liturxia, visita ós enfermos,
etc.
Catequese:
A catequese terá lugar catro días á
semana por un grupo formado por vintecinco catequistas que
atenden ós nenos/as de Primeira Comunión e
de Confirmación, e o domingo despois da misa da catequese
para os demáis cursos. Necesitamos catequistas que
nos axuden nesta tarefa importante na vida parroquial.
Adoración Diurna e Nocturna:
Como en anos anteriores, dará comezo a adoración
diurna e nocturna nesta parroquia. A diurna ten lugar na
igrexa do centro tódolos xoves de once a trece horas.
A adoración nocturna na mesma igrexa o último
venres de cada mes, dende as dez da noite ata as doce horas.
Que esta oración sexa para manter viva a fe,vesperanza
e caridade; ó mesmo tempo, comprometéndonos
a ter presente a programación pastoral, dacordo á
programación diocesana.
Cursiño de grupos bíblicos:
Será, D.M. o día 20 deste mes de outubro,
no salón parroquial do Colexio das Franciscanas,
ás oito da tarde. Este ano adicado ó libro
do Apocalise. Especialistas no tema estarán presentes
entre nós para iluminarnos no estudio, oración
e reunións bíblicas. Existen 20 grupos bíblicos
que mensualmente reúnense nas distintas casas, para
facer asembleas de oración, lectura crente e apostolado
familiar.
|