Inaguración
da exposición "En olor de santidade: Relicarios
de Galicia"
15 de setembro de 2004
O
mércores día 15, ás 13:00 h. do mediodía
tivo lugar na Santa Igrexa Basílica Catedral
de San Martiño de Ourense, a inauguración da
exposición de Relicarios de Galicia.
Alí acudíu
o Sr. Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e
Turismo, Excmo. Sr. D. Xesús Pérez Varela
en representación do Sr. Presidente da Xunta de Galicia.
Foi recibido polos Comisarios da Exposición e dentro
da Catedral agardábao a el e ás distintas Autoridades
o Sr. Bispo, D. Luis Quinteiro Fiuza.
O
desenrolo do Acto foi o seguinte:
- D. José
Manuel García Iglesias, Comisario Xeral
das Exposicións do Xacobeo 2004
- D. Nicolás Diéguez Gullón,
Presidente da Comisión de Control de Caixa Galicia,
Patrocinador da Exposición
- D. Luis Quinteiro Fiuza, Bispo de
Ourense
- D. Xesús Pérez Varela,
Conselleiro
Tamén ocuparon
a Presidencia: D. Manuel Cabezas Enríquez,
Alcalde de Ourense, e D. José Luis
Baltar Pumar, Presidente da Deputación
de Ourense.
Posteriormente
tivo lugar a visita á Exposición ”En
olor de Santidade: Relicarios de Galicia” acompañados
polos Comisarios da Exposición.
Ó remate houbo
un viño de honor no Patín da Catedral.
Esta Exposición
permanece aberta:
HORARIO
de luns a domingo
de 10 a 14 e de 16 a 21 h.
con entrada gratuíta.
Permanecerá
aberta ata o día 4 de novembro.
|