Virxe
da Armada
15 de setembro de 2004

O xoves día 9,
ás 12:00 h. o Sr. Bispo de Ourense
presidiu a Solemne Celebración Eucarística na
honra da nosa Nai, a Virxe da Armada.
Esta devoción
á Nosa Señora exténdese por toda a comarca
da Merca e de Celanova. A ela acuden tódolos
fieis, especialmente, aqueles que teñen algún
mal de cabeza: Virxe da Armada, avogosa da cabeza.
Ás
12:00 h. tivo lugar a Eucaristía concelebrada por un
nutrido número de sacerdotes do entorno do Santuario
e doutras partes da Diocese. Entre eles estaban o rector do
Santuario, Rvdo. D. Manuel Rodríguez,
que un ano máis mostraba a súa ledicia pola
cantidade de xente que a Virxe congrega ó seu carón.
A Eucaristía tivo
lugar na pequena cova onde está o altar preparado para
esta festa, tan concurrida polos devotos.
A
Virxe da Armada axuda ós fieis e estes acuden a ela
a presentarlle-las súas rogativas e gratitudes nesta
fermosa paraxe na que se enmarca o Santuario.
¡¡Virxe
da Armada, avogosa da cabeza, coidanos que de ti precisamos!!
|