Virxe
dos Remedios de Ourense
15 de setembro de 2004
O
martes día 7, ás 21:00 h. o Sr. Bispo
da nosa Diocese, D. Luis Quinteiro Fiuza, presidiu a Eucaristía
nesta fermosa capela.
A capela na honra da Virxe dos
Remedios de Ourense está ubicada ó
carón da ponte máis famosa da nosa cidade, a
Ponte Romana. É unha fermosa capela erixida para a
nosa N ai
e que ten xa séculos de existencia na cidade.
Na Eucaristía que o noso Bispo
presidiu “non collía unha agulla”,
algo normal en cada Eucaristía nestas datas tan especiais
adicadas á Virxe dos Remedios.
A Eucaristía estivo concelebrada
por dous sacerdotes salesianos, que están encargados
desta capela, un dos cales era D. Fernando,
párroco de María Auxiliadora. Tamén estivo
presente e axudando un seminarista do Seminario Maior chamado
Santiago, que cursa 2º de Estudios Eclesiásticos.
¡Tantos devotos da nosa cidade
pasaron día tras día por esta capela! ¡Tantas
peticións e recordos de gratitude para a nosa Nai!

¡¡Que ela,
a Virxe dos Remedios, poña “remedio” ós
nosos males!!
|