Virxe dos Remedios
de Vilamaior
15 de setembro de 2004
O
luns día 6, o Sr. Bispo da Diocese
presidíu a Eucaristía no Santuario dos Remedios
de Vilamaior, moi preto de Verín.
Ás 20:00 h. deu comezo o Santo Rosario dirixido devotamente
por unha mociña da parroquia. A continuación
celebrouse a Eucaristía concelebrada por D.
Pedro, rector deste Santuario, e polo Rvdo. D.
José Joaquín, predicador da novena.
O Santuario erixido na honra da Virxe dos Remedios atrae ano
tras ano a moita xente non só da parroquia onde está
ubicado, senón de toda a comarca de Verín. A
xente acude en cantidade e con intensa devoción a rezarlle
a Naiciña, a pedirlle e agradecerlle tantos dons coma
unha nai dá ós seus filliños.

Este Santuario ten unha gran capacidade pero nestes días
especiais quédase pequeño e hai xente que non
se pode sentar.
¡¡Que a Nosa Señora dos Remedios
protexa a tódolos devotos desta terriña que
tanto cariño lle manifesta a nosa Naiciña!!
|