| Cursiño para
profesores de relixión
Os
días 2 e 3 de setembro, xoves e venres todo o día,
reuníronse, na Casa de Exercicios de Ourense, a case
totalidade dos profesores que imparten Relixión Católica
en educación Primaria e Secundaria, ademais dos Colexios
Públicos, tamén participaron os da Privada.
O cursiño está recoñecido pola Consellería
de Educación da Xunta de Galicia. Estiveron presentes
os representantes ce CEFORE.
O Profesor destes
dous días, Luís Miguel Herrero Maior,
presentoulles, en horario de tarde e mañá, e
a través das novas tecnoloxías informáticas,
os criterios para seleccionar e logo secuenciar os contidos
do currículo, así coma
os criterios para avaliar. É unha parte do currículo
que se pasa por alto sendo elemental.
O traballo en
grupos coa posterior posta en común converteuse nun
recurso práctico, efectivo e operativo.
Os profesores terminaron
cansados pero coa convicción de haber aproveitados
estos dous días, nos que non faltou a comida e a convicencia
nos momentos de descanso.
|