NOTICIAS de la Diócesis de Ourense Volver a la página anterior

Toma de posesión de Sta. Mª de Cortegada para D. Emilio Román Estévez

O domingo 5 de setembro, o Sr. Bispo de Ourense, D. Luis Quinteiro Fiuza, deulle posesión da parroquia de Santa María de Cortegada e os encargos de San Breixo de Refoxos e San martiño de Valongo a D. Emilio Román Estévez, que ven de desempeñar o cargo de Párroco de San Pedro de Leirado e encargos limítrofes.

A ceremonia resultou moi solemne, resaltando a exhortación do Sr. Bispo antes da proclamación do Evanxeo, a renovación das promesas sacerdotais e a entrega da chave do sagrario, co encargo de facer da Eucaristía o centro da vida da cada unha das comunidades parroquiais.

A Santa Misa foi moi participada polos feligreses e pola xuventude e infancia. É de resaltar o gran papel que levou a cabo a banda de música na celebración religiosa e nos pasa calles despois da misa.

 

 

  Volver a la página anterior