Inicio | Presentación | Dirección y servicios | Fondos | Notas de bibliofilia

 

Inicio > Notas de Bibliofilia > Entrega 3: "Lecciones de Arqueología Sagrada, por Antonio López Ferreiro" >

   
   NOTAS DE BIBLIOFILIA - ENTREGA 3

 
Lecciones de Arqueología Sagrada por el Sr. Antonio López Ferreiro
 

 

 

     “No hay base sólida de enseñanza sin buenos libros de texto, pues, aunque el profesor complete sus deficiencias y rectifique sus errores, no puede impedir que el alumno dedique la mayor parte del tiempo de que dispone a estudiar sus lecciones por el libro, su constante maestro y consejero y al que recurre en toda ocasión para aprender lo que ignora o para recordar lo olvidado.”

Andrés Martínez Salazar.

 

 

 

     En 1889 vían a luz as Lecciones de Arqueología Sagrada da man de López Ferreiro. Saídas da imprenta do Seminario compostelán pronto foron adoptadas como texto de ensinanza de Arqueología Cristiana en tódolos seminarios onde existía tal disciplina e sendo causa de que se incluíse nos plans de estudo da carreira eclesiástica noutros moitos.

 
 

 

 

     Abondosas foron as louvanzas erixidas en torno á obra das que cómpre destaca-la noticia da publicación dada no Boletín de laReal Academia de la Historia- e que nos servirá para introduci-la figura de López Ferreiro- na cal se di o seguinte: “el nombre del autor basta para todo elogio”. Antonio López Ferreiro nace en 1837 en Santiago e encamíñase á carreira eclesiástica, parece que a desgusto de seu pai que pretendía fose avogado. É ordenado en 1862 e licenciado en Teoloxía no 63 ó mesmo tempo que estudaba na Escuela Superior de Diplomática onde obterá o título de arquiveiro. O paso pola Escola supón un fito destacado na súa configuración investigadora, podéndose afirmar sen ningunha dúbida, que a súa estancia alí constituíu a base do que supuxo de renovadora a súa obra histórica para Galicia. Xunto á Real Academia de la Historia controlan o estudo do pasado neste momento e, para o que aquí nos interesa, nesta institución a arqueoloxía queda definida como a ciencia que estuda as obras de arte e da industria baixo o exclusivo aspecto da súa antigüidade.

 

 

 

    Logo virían os nomeamentos de cóengo, arquiveiro catedralicio, correspondente da Real Academia de la Historia e en 1887 titular da cátedra de arqueoloxía creada polo arcebispo Victoriano Guisasola no mesmo ano, función que desempeñará dous únicos cursos xa que en 1889 é sustituido polo seu discípulo OviedoArce. A razón radicaría quizais en adicarse plenamente á súa tarefa investigadora. En 1910 co seu pasamento deixaba 23 libros, aproximadamente 80 artigos e máis de 1000 documentos, unha extensa obra na que sobrancea a Historia da S.A.M.I. de Santiago.

 
 

 

 

     A introducción da arqueoloxía nos seminarios ven precedida do pulo protagonizado polos papas Pío IX e León XIII apoiando escavacións nas catacumbas, publicacións, apertura dos Arquivos Vaticanos, converténdose en protectores dos grandes arqueólogos vaticanos ó mesmo tempo que xurdían os primeiros eclesiásticos-arqueólogos. Deste modo as cátedras de arqueoloxía xorden en Europa a mediados da centuria e con elas os primeiros manuais, sendo tardía a súa introducción no caso español facéndose esperar ata a década dos 80 e principalmente 90. Por iso, non deixa de chamar a atención a precocidade con que aparecen os Rudimentos de Arqueología Sagrada de Villa-amil y Castro en 1867, publicados en Lugo, obra de referencia para López Ferreiro, á vez que o fai a pulicación de Manjarrés Nociones de Arqueología Cristiana. En 1870 publícase a obra de Vinader Arqueología Cristiana Española, que aínda que non se trataba dunha obra específica para seminarios, si acadou grande repercusión pola defensa que facía dos monumentos cristiáns. Un caso semellante será o de Naval con Elementos de Arqueología y Bellas Artes cuia primeira edición data de 1903, tendo entre as súas fontes a López Ferreiro, e que viu múltiples edicións debido á súa grande aceptación nos seminarios españois manténdose ata os anos 50 do s. XX, dándose incluso ó prelo un Curso Breve de Arqueología y Bellas Artes.

 

 


San Félix de Salovrio

 

 

     No Seminario Compostelán o primeiro curso que imparte López Ferreiro o texto a seguir será o de D. R. Vinader, para o ano seguinte indicarse no canto diste “lecciones del profesor” e no curso 1889-1890 con OviedoArce o texto é “López Ferreiro”. A petición de seus alumnos escribiu este Manual de Arqueoloxía en 54 leccións e dúas partes diferenciadas: unha primeira na que trata a arquitectura, escultura e pintura e unha segunda denominada “Artes industriales y demás Ramas complementarias de la Arqueología Sagrada”na que se inclúen o mobiliario, vaixela, indumentaria, epigrafía, numismática, paleografía, diplomática, esfraxística, heráldica, música, lipsanoloxía. Trátase polo tanto dun tratado no que a partires do cristianismo vai estudando ó longo do tempo manifestacións moi diversas concedendo importancia ás denominadas artes menores ata entón non valoradas confeccionando unha visión global da arte cristiá.

 

 

 
     
 
     A Arqueología, como libro de texto que era, tiña un fondo compoñente didáctico demaneira que á claridade da linguaxe sumábase unha profusa ilustración de cáseque catrocentos gravados, feito que subliñaba Cloquet da Revue de l’Art Chretienne nomeándoa como o mellor libro didáctico de Arqueoloxía Sagrada dos que se tiñan escrito en Europa. Mais se a súa orixe se situaba no uso escolar non deixou de ser libro de consulta obrigada para arqueólogos e historiadores o que se fai notar nas constantes referencias bibliográficas da historiografía posterior.

 

     

 

 

     Tanto nos debuxos como no propio texto ó que acompañan as referencias a pezas artísticas de Galicia son continuas, isto débese non só a formulación do coñecido, senón tamén, ó que será unha constante en toda a súa producción, a recuperación histórica de Galicia. En certo modo, comparte neste aspecto semellanzas co manual de Gudiol Nocions de Arqueología sagrada Catalana de 1902, fortemente influído polos manuais franceses, e que se converterá no de uso obrigado na área catalana. Igualmente, os dous coñecían o manuais europeos, de tal modo que no de López Ferreiro encóntranse no texto referencia as obras de Rossi, Marchi, Muller e especialmente Garrucci coa súa Storia dell’ Arte cristiano. Non mencionado pero si presente polas súas teorías será Viollet-le-Duc no relativo á conservación e restauración de monumentos e á valorización da arte medieval. A súa influencia deixase sentir en afirmacións como “buscar una persona hábil que sea capaz de dirigir y aun ejecutar la restauración; que no solo sea arquitecto , sino también arqueólogo, y que conozca la manera de construir en aquella localidad y aun la historia del monumento, pues esta clase de obras requiere más ilustración que genio y más paciencia que inspiración”. O que hoxe denominaríamos a interdisciplinaridade, é dicir, a participación de diversos especialistas (arqueólogos, restauradores, arquitectos, historiadores da arte) neste tipo de intervencións.

 

 

 

 

     E é que o deber de conservar e valora-lo patrimonio artístico da Igrexa será un dos obxectivos da obra, labor que comeza no coñecemento, vista esta obriga coma un servicio máis que presta a Igrexa á Comunidade “conservando y custodiando los monumentos que sucesivamente nos fueron legando los siglos. De este modo pudieron los artistas estudiar las obras de sus predecesores e ir notando la marcha del Arte y señalando los trámites por donde éste llegó a su perfección. Aún hoy cada gran iglesia viene a ser un importantísimo Museo digno de todo estudio”.

 

 


Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela

 

 

     Dende a instauración no Seminario Compostelán da cátedra, paulatinamente as outras dioceses galegas irán introducindo a súa docencia. Tal é o caso do Seminario ourensán no que en 1892 o bispo Cesáreo creou a cátedra de Arqueología Sagrada, sendo Portabales Nogueira o primeiro profesor da mesma (así se intitula na súa Historia eclesiástica) e posteriormente o secretario Marquina, membro da Comisión de Monumentos de Orense dende 1906, en cuio Boletín deixou escrito “Objetos de la antigua liturgia que se conservan en el Monasterio de Celanova”. No primeiro curso aparece a disciplina nos tres últimos anos de Teoloxía, mentres que en 1894 aparece só en 5º e 6º e compartindo horario con outras materias, de aí a denominación de “media cátedra” de Otero Pedrayo, e en 1916 aparece no primeiro ano de carreira, pasando así de materia de especialización a materia básica de formación, tal e como requiría a súa importancia. En palabras de López Ferreiro “La gran importancia de la Arqueología Sagrada es evidente. En ella se encuentran muchos de los dogmas que profesa nuestra santa Religión firmísimo apoyo; de ella reciben gran luz muchas de las tradiciones y prácticas de la Iglesia Católica; y ella por fin, nos brinda con las sublimes creaciones del genio cristiano, en las cuales tanto hay que aprender y admirar”.

 

 


Tesouro de San Rosendo
(Museo da Catedral de Ourense)

 

 

 

 

 
Autor: Avelino Rodríguez González
 

 

 

LÓPEZ FERREIRO, Antonio (1837-1910)

Lecciones de arqueología sagrada / por el Sr. Antonio López Ferreiro. – Santiago : [s.n.], 1889 (Imprenta y Encuadernación del Seminario, imp. 1890)

557 p. : il. ; 23 cm. – Il. de Enrique Mayer

OR-SM. – B-G/212. – Enc. hol. “Encuadernación de Aurelio Miranda. Orense”, conservando la enc. orig. – Sello de “Librería de la Viuda de Pérez Resvié. Orense”. – R. 6865

OR-SM. – Sin sign. – Enc. hol. – Sello del “Dr. Martín Fernández. Penitenciario”. – R. 6866

LÓPEZ FERREIRO, Antonio (1837-1910)

Lecciones de arqueología sagrada / por el Licdo. Antonio López Ferreiro. – 2ª ed. – Santiago : [s.n.], 1894 (Imprenta y Encuadernación del Seminario)

569 p. : il. ; 23 cm. – Il. de Enrique Mayer

OR-SM. – B-G/213. – Enc. hol. – An. ms.: “8 pesetas mas 1´50 = 9´50”. – Sello y firma de Manuel Gil Atrio. – R. 20670

OR-SM. – Sin sign. – Enc. hol. – Olim: 15-5-25. – R. 1938