Noticias de la Diócesis de Ourense Volver

Ex umbra in solem: das sombras á luz

Imprimir página

 

03 de marzo de 2010

Prensa / Bispado de Ourense

Esta mañá inaugurábase no Bispado de Ourense unha exposición de obras restauradas polo Centro Técnico San Martín, da Fundación Santa María Nai, dedicado á conservación e restauración do patrimonio cultural de Ourense.

O Sr. Bispo, Monseñor Luís Quinteiro, o delegado diocesano de Patrimonio, D. Miguel Ángel González, e a responsable do equipo técnico do Centro San Martín, Vania López, presentaban esta mañá a exposición, que recolle distintas esculturas e retablos restaurados, explicando o seu proceso a través de varios paneis.

Tal e como destacaban os organizadores desta exposición, trátase de compartir coa Igrexa diocesana e cos ourensáns o resultado dun traballo realizado con entrega e ilusión para recuperar obras que naceron da fe dos nosos maiores e que son un legado fundamental para todos nós, pero que por distintos motivos estaban perdidas ou con graves problemas de conservación. Trátase así de amosar o traballo ben feito e promover a defensa e o coidado do noso patrimonio.

Esta mostra recolle algunhas das últimas obras que se restauraron no Centro, retablos e imaxes dunha rica gama de calidades, sabendo que engaden ós valores artísiticos outros moitos que tamén son importantes e que, sobre todo, tras elas está a vontade das nosas xentes de conservar o seu con esforzos económicos proporcionalmente grandes.

A exposición pódese visitar noo Bispado, ata o próximo 24 de marzo, en horario de luns a venres, de 10:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas.

 

 
  Volver