Este mércores, día 7 de maio, a Diocese de Ourense celebraba a festividade de San Xoán de Ávila, patrón do clero español: un día en que os sacerdotes que foron ordenados en 1958 e en 1983 celebran as súas Vodas de Ouro e as súas Vodas de Prata sacerdotais.
Ás 11:30 horas comezaba a Celebración Eucarística no Seminario Maior, presidida polo Bispo da nosa Diocese e coa participación dos sacerdotes que exercen o seu labor pastoral ó servizo da nosa Igrexa particular de Ourense. Seminaristas, familiares e amigos acompañábanos neste día tan especial para o noso clero. Na celebración, ademais de felicitar ós sacerdotes que estaban de aniversario, lembrouse a aqueles que xa non puideron estar presentes neste día e a aqueles que seguiron outro camiño ó longo das súas vidas, pero que compartiron tamén uns anos e experiencias inesquecibles no Seminario diocesano.
Sacerdotes que celebran as súas Vodas de Ouro:
| D. Nicolás Afonso Domínguez |
D. Francisco Freiría Alonso |
D. Francisco Penín Blanco |
| D. Marcial Canal Canal |
D. Manuel De la Fuente Velo |
D. Gustavo E. Pérez Camero |
| D. Teófilo Conde Miranda |
D. Manuel Gómez Cid |
D. Joaquín Pérez Mostaza |
| D. Ángel Domínguez López |
D. Ignacio Gómez Lois |
D. Lisardo Ramos Sandiás |
| D. Antonio Fernández Cid |
D. David González Alvarez |
D. Felisindo Rodríguez Femández |
| D. José Manuel Fernández Rúas |
D. Benito Mera Rodríguez |
D. Manuel Rodríguez Seguín |
| D. Sergio Fidalgo Fernández |
D. Rafael Nogueiras Gómez |
D. Amador Vázquez Pérez |
| D. J. Antonio Formoso Salgado |
D. Emilio Outomuro Vázquez |
D. Luis Villar Casas |
Sacerdotes que celebran as súas Vodas de Prata:
D. Jorge Gómez Varela
|
D. Francisco Pernas de Dios
|
D. Julio Lamelas Míguez
|
D. José Antonio Portela Rodríguez
|
D. Enedino Lorenzo Fernández
|
D. Camilo Salgado Vázquez |
Ás 13:00 horas tivo lugar no salón de actos do Seminario Maior unha breve presentación do novo número da Revista Auriensia, para dar paso a unha conferencia a cargo do Vicesecretario para Asuntos Económicos da Conferencia Episcopal Española, D.Fernando Giménez Barriocanal, quen quixo pasar o día de San Xoán de Ávila na nosa Diocese para expoñer ós sacerdotes todo o relacionado coa nova financiación da Igrexa.
Esta visita do Vicesecretario para Asuntos Económicos da CEE nunhas datas tan sinaladas, ó nos atopar en plena Campaña da Renda, puideron aproveitala tamén os ourensáns a través dunha conferencia, pola tarde, no Centro de Desenvolvemento de Caixanova, onde Giménez Barriocanal expuxo de novo todo o relativo á financiamento da Igrexa, resolvendo as dúbidas e cuestións dos presentes.
Previamente, tivera lugar unha presentación ós medios, en que quixo destacar datos como o feito de que un de cada tres ourensáns marca a X na casiña da Igrexa ó realiza-la Declaración da Renda, un dato que nos sitúa dentro da media española e ó fronte das Diocese galegas.
A pesar deste bo dato, Barriocanal sinalaba que a Igrexa en Ourense precisaría unha maior porcentaxe para poder continuar atendendo a sacerdotes e templos, e continuar realizando a súa labor de axuda a quen máis o precisan, algo que consegue gracias ó funcionamento solidario entre Dioceses na financiación da Igrexa.