Noticias da Diocese de Ourense Volver

San Facundo celebra a Santa Cruz

Imprimir página

 

5 de mayo de 2008

Rogelio Rodríguez / Cea

Coma tódolos anos a parroquia de San Facundo de Cea celebrou a festa da Santa Cruz, indo en procesión dende o templo parroquial, que está no pobo de San Facundo, pobo e parroquia de San Facundo e San Primitivo, ata o cumio do Castro, onde esta unha cruz de pedra, para dende alí olla-las fincas e os pobos da freguesía e, ao mesmo tempo, bendici-los campos e as terras, para que o Señor afaste deles a sarabia, as tormentas e o mal tempo e, así poidan producir abondosos e fermosos froitos cos que durante todo o ano poderse alimentar tanto os seres humanos coma o gando.

A celebración remata cunha Santa Misa de Acción de Grazas ao Señor no templo con tódolos fregueses, para despois degustar o xantar en familia e cos invitados. ¡Que viva e que viva a cruz!

 

  Volver