2 de maio de 2008
Parroquia de Santo Domingo / Ribadavia
Onte, día 1 de maio celebramos na nosa parroquia a festa de San Pedro de Verona, mártir. Durante a mañá, os fieis poideron participar a diversas horas na celebración da Eucaristía.
Ás 12 h. do mediodía, acompañámo-la imaxe do Santo mártir en procesión ó redor da Igrexa de Santo Domingo e de seguido participamos na Eucaristía presidida por D. Xoaquín, quen fixo unha fermosa semblanza da vida do "dominico de Verona".
Esta festa celebrábase tradicionalmente o día 29 de abril, pero a partir deste ano, trasladouse ó 1 de maio para facilita-la súa celebración dado que é día festivo. Ó mesmo tempo tamén se celebraba no barrio ribadavense de Muñoz Calero a festa de San Xosé Obreiro. Alí non faltou tampouco a Misa e procesión, presididas por D. Xosé Lois Rivera, Párroco de Melón, ademáis da música e o bo xantar.
|