| Últimos días da Novena en honor á Virxe de Fátima |
13 de maio de 2008
Esta noite celébrase a tradicional procesión de antorchas, que sae ás 22:45 da parroquia da nosa Señora de Fátima. Ás 12 ten lugar a Misa na Catedral, presidida polo Sr. Bispo. Crónica dos días 6, 7, 8 e 9 da Novena. [+] |
| Confirmacións en A Gudiña |
12 de maio de 2008
O día 10 de maio, un grupo de 24 mozos, procedentes das Parroquias de A Gudiña, A Mezquita, Riós, Vilardevós e Terroso recibiron o sacramento da Confirmación na Parroquia de A Gudiña. [+] |
| Misa das Fillas de María en Loeda |
12 de maio de 2008
Estamos no mes de maio e os actos a prol da Virxe María multiplícanse nas distintas parroquias. Este domingo de Pentecostés, once de maio, tocoulle a comunidade parroquial de San Paio de Loeda. [+] |
Novena ó Corazón Eucarístico de Xesús |
9 de maio de 2008
Dende mañá sábado 10 de maio ata o domingo 18 de maio celébrase na parroquia da Santísima Trinidad a Novena ó Corazón Eucarístico de Xesús. [+] |
Clausura da Novena á Virxe da Saúde |
9 de maio de 2008
O xoves día 8 ás 20:00 h. tivo lugar na capela das Relixiosas Siervas de María, Ministras dos enfermos, a Celebración Eucarística na festividade de María a Virxe dos enfermos. [+] |
Acto Mariano en Xinzo |
9 de maio de 2008
Ás oito e media da tarde de onte un gran grupo de xente da parroquia reuníase no Parque do Pombal, para dende alí comezar co Primeiro Acto Mariano deste mes de maio. [+] |
| Día 5 da Novena en honor á Nosa Señora de Fátima |
9 de maio de 2008
Atravesamos o ecuador da novena, xa o día quinto. Mellora a asistencia cada día que pasa, aínda que hoxe moitos vense sorprendidos en distintos momentos polo inoportuno chaparrón primaveral. Os ourensáns séguense volcando con esta devoción mariana. [+] |
Froitos do Encontro diocesano de Catequistas |
9 de maio de 2008
Os catequistas da Parroquia de Sta. Teresita agradecemos á Delegación de Catequese o Encontro, que nos permitiu formarnos máis, coñecer o novo Catecismo e convivir con outros catequistas, sentíndonos unidos na fermosa misión de levar a Xesús ós nenos. |
| Peregrinación a Roma e a Loreto |
9 de maio de 2008
Do 12 ó 16 de abril pasado, a 1ª comunidade do Camiño Neocatecumenal da parroquia de Santo Domingo, acompañados polo párroco, D. José Iglesias, peregrinamos a Roma e a Loreto. [+] |
| Risoterapia na parroquia de San Eusebio |
9 de maio de 2008
O programa 'ó teu carón' estase desenrolando no Arciprestado 'Chaos de Amoeiro', neste mes de maio na Parroquia de San Eusebio, tódolos martes dende as 18:00 ás 19:30 horas, con Agustín o animador de dito programa. [+] |
Festival Rexional da Canción Misioneira |
9 de maio de 2008
Este domingo os grupos representantes das Dioceses galegas daranse cita en Ourense para participar no 39º Festival Rexional da Canción Misioneira. Ás 12:00 horas será a Eucaristía en María Auxiliadora, e a partir das 16:00 as actuacións no salón de actos de Salesianos. |
| Nomeamentos |
8 de maio de 2008
Con data 1 de mayo de 2008, o Sr. Bispo da Diocese de Ourense, Monseñor D. Luis Quinteiro Fiuza, tivo a ben realizar un novo nomeamento. [+] |
| San Juan de Ávila: patrón do clero |
8 de maio de 2008
Este mércores, día 7 de maio, a Diocese de Ourense celebraba a festividade de San Xoán de Ávila, patrón do clero español: un día en que os sacerdotes que foron ordenados en 1958 e en 1983 celebran as súas Vodas de Ouro e as súas Vodas de Prata sacerdotais. [+] |
| Encontros prematrimoniais en Carballiño |
8 de maio de 2008
Durante esta semana estanse celebrando os encontros correspondentes a este mes de maio nesta parroquia. Son doce parellas das parroquias pertencentes a este arciprestado, Maside, Cea e incluso de Leiro-Avión. [+] |
Vixilia de Pentecostés |
8 de maio de 2008
Este sábado 10 de maio terá lugar na S. I. Catedral de Ourense a Vixilia de Pentecostés, con Vésperas e Santa Misa, ás 20:00 horas, no Día da Acción Católica e do Apostolado Segrar. Preside o Sr. Bispo. |
Concerto O Revoltallo |
8 de maio de 2008
Esta mañá presentábase no Teatro Principal o concerto de músicos ourensáns O Revoltallo, que terá lugar este venres día 9 ás 20:30 horas con entrada libre no Teatro Principal, organizado polos mozos que viaxarán este verán a Sidney ó Encontro co Papa. |
Día 4 da Novena en honor a Nosa Señora de Fátima |
8 de maio de 2008
O predicador, Luís, fálanos da Eucaristía: "Deus dignouse facerse pan e quedar con nós na Eucaristía, por iso a Igrexa nos convida a vivir a Eucaristía, a celebrar a Eucaristía para ser Eucaristía, a vivir o domingo como día do Señor, día da Eucaristía…" [+] |
Día 3 da Novena en honor a Nosa Señora de Fátima |
7 de maio de 2008
Este lugar de O Couto convértese estes días no pulmón da diocese para tantos crentes que acoden á Virxe Branca a respirar aire fresco de tenrura, recuperando os soños infantís, revivindo os máis nobres valores que dan sentido á existencia. [+] |
| A nova financiación da Igrexa en España |
7 de maio de 2008
No día de hoxe, en que celebramos a festividade de San Xoán de Ávila, patrón do clero, aproveitando a presencia en Ourense do Vicesecretario para Asuntos Económicos da CEE, terá lugar unha conferencia, ás 20:00 horas no Caixanova (Avda. de Pontevedra) con entrada libre. |
Día 2 da Novena en honor a Nosa Señora de Fátima |
6 de maio de 2008
Continúa o tempo agradable e cálido que favorece o achegarnos con maior comodidad ó Santuario do populoso barrio de O Couto. [+] |
Acto mariano |
5 de maio de 2008
Como en anos anteriores, durante o mes de maio teremos estes actos marianos por barrios, nos que sae en procesión a Imaxe da nosa Señora de Fátima, como é o caso deste xoves, ás 20:30 horas da tarde. [+] |
Día 1 da Novena en honor a Nosa Señora de Fátima |
5 de maio de 2008
Arranca a agardada novena de Fátima nesta primavera calurosa, alegre e florida de maio do 2008. A dicir verdade, os sacerdotes, os segrares e as parroquias que participan nela, levamos varios meses sacando brillo á "casa" da Virxe. [+] |
S. Xosé tamén en Sta. Teresita |
5 de maio de 2008
Nunha das zonas da parroquia de Sta. Teresita, na c/ O Vinteun tiveron festa o día un de maio, cunha misa en honra a S. Xosé obreiro. D. Lisardo animou ós asistentes a honrar a S. Xosé cumprindo cada cal o mellor posible co seu traballo. |
San Facundo celebra a Santa Cruz |
5 de maio de 2008
Coma tódolos anos a parroquia de San Facundo de Cea celebrou a festa da Santa Cruz, indo en procesión dende o templo parroquial, que está no pobo de San Facundo, ata o cumio do Castro, onde esta unha cruz de pedra. [+] |
| Novo documento sonoro "El Espejo de la Diócesis" |
5 de maio de 2008
Dispoñible o documento de audio (formato mp3) do programa de "El Espejo de la Diócesis" realizado o venres 2 de maio de 2008. [+] |
| Novos documentos: Número de maio de Comunidade |
5 de maio de 2008
A publicación mensual Comunidade distribúese xa no seu número de MAIO. Recolle noticias en relación coa Diocese, Festividade de San Xoán de Ávila, Vocacións nativas, Día da Caridade, Campaña da Renta, Ano Santo Paulino, Ensino Relixioso, etc. [+] |
Rudesindus. Miscelánea de arte e cultura |
5 de maio de 2008
Despois do Ano Xubilar de San Rosendo, editouse xa o primeiro número da publicación Rudesindus. Miscelánea de arte e cultura, das Dioceses de Ourense e Mondoñedo-Ferrol, que será voceiro da futura Academia de Estudios Rosendianos. |
| Novena en honor á Virxe de Fátima |
2 de maio de 2008
Este domingo día 4 comeza a Novena en honra á Virxe de Fátima, que terá lugar na parroquia da nosa Señora de Fátima ata o día da súa festividade, o próximo 13 de maio. [+] |
Festa do Santo Cristo |
2 de maio de 2008
Mañá, sábado 3 de maio, celebramos a festa do Santo Cristo. Neste último día de Novena, a Misa na S.I. Catedral, ás 18:30 h., estará presidida polo Bispo da nosa Diocese. |
| Festa de San Pedro de Verona en Ribadavia |
2 de maio de 2008
Onte, día 1 de maio celebramos na nosa parroquia a festa de San Pedro de Verona, mártir. Durante a mañá, os fieis poideron participar a diversas horas na celebración da Eucaristía. [+] |
Restauración de dúas imaxes do grupo escultórico da Anunciación |
2 de maio de 2008
As dúas imaxes pertencentes ó grupo escultórico da Anunciación, restauradas con axuda da labor da Asociación Amigos da Catedral pódense ver no muro occidental da nave do cruceiro, entrando pola porta sur da Catedral, fronte ó altar da Virxe do Carme. |
| Xornada de convivencia dos I.E.S. ourensáns |
2 de maio de 2008
O luns, día 28, tivo lugar a marcha en autobuses ó templo da Nosa Señora do Rocío de Vigo, dos alumnos do primeiro ciclo da E.S.O. (1º-2º), organizada polos Departamentos de Relixión Católica e coordinada dende a Delegación Diocesana de Ensino. [+] |
| Curso de Cristiandade nº 74 da Diocese de Ourense |
2 de maio de 2008
Os pasados días 25, 26 e 27, na Casa de Exercicios de Ourense, celebramos a tanda de Cursos de Cristiandade nº 74 da nosa Diocese. [+] |
| |
| |