Os Programas de garantía social están
orientados á consecución dos seguintes obxectivos:
a) Desenvolver e afianza-la madurez persoal
mediante adquisición de hábitos e capacidades
que lles permitan participar como persoas responsables no
traballo e na actividade social e cultural.
b) Desenvolve-las actitudes e dotalos dos
recursos e a orientación necesarios para a procura
dun posto de traballo ou para o autoemprego.
c) Amplia-la súa formación
co obxecto de adquirir coñecementos e capacidades
propios da ensinanza básica, para permiti-la súa
incorporación á vida activa ou proseguir estudios,
especialmente dentro da formación profesional específica
de grao medio.
¿A quen se dirixe?
Los Programas de Garantía Social están
destinados a jóvenes de edades comprendidas entre
los 16 y los 21 años que no consiguieron los objetivos
de la E.S.O. ni poseen ninguna titulación de Formación
Profesional.
Con carácter xeral, o programa comprende
as seguintes áreas:
a) Área de Formación Profesional específica
b) Área de Formación e Orientación Laboral
c) Área de Formación Básica
d) Actividades complementarias
e) Tutoría
Capacitar ós alumnos
e alumnas para o exercicio dunha profesión, conseguindo
as destrezas necesarias para actuar como TÉCNICO
na mesma e adquirindo a competencia profesional característica
de cada ciclo.
Comprende-la
organización e características do sector respectivo,
así como os mecanismos da inserción profesional:
coñece-la lexislación laboral básica
e os dereitos e obrigas que se derivan das relacións
laborais e adquiri-los coñecementos e habilidades
necesarios para traballar en condicións de seguridade
e previ-los posibles riscos derivados da situación
de traballo.
Adquirir
unha identidade e madurez profesional motivadora de futuros
aprendizaxes e adaptación ó cambio das cualificacións.
Os Ciclos Formativos
están organizados en módulos profesionais,
constituídos por áreas de coñecementos
técnicos e prácticos. Un dos módulos
é a Formación en centros de Traballo, que
posibilita que o alumnado complete a competencia profesional
conseguida no centro educativo, mediante a realización
de actividades productivas ou de servicios do centro de
traballo.
Cada ciclo formativo
componse dun número variable de módulos profesionais
de distinta natureza:
-
Módulos
asociados a unidades de competencia
-
Módulos
tranversais
-
Módulo
de formación e Orientación Laboral
-
Módulo
de formación en Centros de traballo