Institucións / Centro de Orientación Familiar (C.O.F.) Voltar á páxina anterior


    D.
Carlos González Prieto

 

    Martes, xoves e venres de 10 a 14 horas

    Mércores de 16:30 a 20:30 horas

    Avenida da Habana 8, 2ºC
    32003  Ourense
 


    (+34) 988 37 46 46

 

    cofour@teleline.es

 

 

 

 

 


Para: As familias, Os pais, Noivos, Centros educativos, etc. 

Asesoramento de profesionais nas áreas de: Orientación familiar, Traballo Social, Psicoloxía, Pedagoxía, Métodos naturais para regulacións da natalidade, Dereito Civil e Canónico, Xenética, Mediciña de Familia e Pediátrica, Ética e Moral.

 

A Diocese de Ourense, pretendendo dar unha resposta á problemática actual da familia, pon en marcha esta iniciativa chamada COF. É un servicio público para toda persoa, familia, pais, esposos, noivos, centros e institucións educativas que traballan con familias ou cos seus membros (APAS, colexios, Asociacións varias, parroquias, etc.).E Centro é unha axuda para buscar solucións nas súas relacións de parella, matrimonio, pais-fillos, separación e educación de familia.

 

Se fai tempo que un problema de relación na familia faille dano e non o pode resolver vostede de maneira persoal, sería bo chamar ó Centro para pedir unha primeira consulta. Non deixe que ninguén chame por vostede. Sexa vostede mesmo/ó que trate de cambia-la súa propia vida. De feito non atendemos peticións en nome doutra persoa ou en nome dunha familia. Na data acordada acudirá ó Centro para a entrevista co Orientador Familiar. Este dialogará coa persoa ou coa familia e tratará de buscar solucións posibles e ver se teñen que actuar outros profesionais.

 

Garantizamos:
O Segrego Profesional sobre todo o que aquí se poida dicir.

Respetamos:
Calquera postura e convicción moral que non vaia en contra do legalmente establecido no Estado Español, nin nos Dereitos Humanos.

Defendemos:
A dignidade da persoa e da vida en tódalas súas dimensións e momentos.

Promovemos:
Os valores cristiáns da persoa e da familia.

 

 

  Voltar á páxina anterior