Institucións / Seminario Maior "Divino Maestro" de Ourense Volver a la página anterior

Comunidade do Seminario Maior
do curso 2006-2007
(Picar para ampliar)

EQUIPO EDUCATIVO

Moderador supremo:
Excmo. e Rvdmo. Sr. Dr. D. Luis Quinteiro Fiuza

Sr. Reitor:
Iltrmo. Sr. D. José Ángel Feijoó Mirón

Formador:
Rvdo. Sr. D. Jorge Juan Pérez Gallego

Director espiritual:
Rvdo. Sr. D. José Gallego Borrajo

Ecónomo:
Rvdo. Sr. D. Camilo Salgado Vázquez

 

AUTORIDADES

As mesmas que as do Instituto Teolóxico "Divino Maestro". Picar aquí para acceder.

 

NORMAS GENERALES

A.– MATRICULACIÓN

1.– Os alumnos que comezan os seus Estudios Eclesiásticos deben solicita-lo seu ingreso, mediante instancia dirixida ó Sr. Bispo da Diocese, pero remitida ó Reitor do Seminario Maior antes do día 10 de xullo.

2.– Os alumnos admitidos no Instituto Teolóxico precisan, para se inscribir, presenta-los seguintes documentos:

– fotocopia do D.N.I.
– Tarxeta de Selectividade ou equivalente
– tres fotografías tamaño carnet

3.– Os alumnos que renovan a súa matrícula deben formalizala, nas datas indicadas no calendario escolar, mediante instancia dirixida ó Sr. Bispo, pero remitida ó Reitor.

B.– EXAMES

1.– Os exames ordinarios teñen lugar nas datas sinaladas de febreiro e xuño. Os extraordinarios son en setembro e decembro, de acordo coas datas que aparecen no Calendario Escolar. En maio teñen unha convocatoria extraordinaria os alumnos de VI Curso.

2.– Os dereitos de exames ordinarios ascenden a 10 Euros. Os extraordinarios, 20 Euros. Nos exames extraordinarios sucesivos, duplícase a cantidade do anterior.

3.– Suspender en setembro dúas materias troncais ou tres secundarias, ou unha troncal e dúas secundarias, comporta repetición de curso.

4.– As cualificacións que se conceden son: sobresaínte (10- 9); notable (8-7), aprobado (6-5), e suspenso (4-0).

C.– EXAME DE BACHARELATO

1.– Os candidatos deben cumpri-las seguintes condicións:

- aprobar tódalas materias e seminarios do sexenio, tal como aparecen no plano de estudios.
- supera-las probas específicas do Bacharelato.
- satisface-las taxas académicas correspondentes.

2.– A data dos exames se establecerá de acordo coas autoridades da Universidade Pontificia de Salamanca. Normalmente se realizarán dentro da última quincena de xuño.

 

 

  Volver a la página anterior