I.- Un apartado moi especial é o dos MISIONEIROS DIOCESANOS, hoxe temos rexistrados no noso ficheiro un total de 298 divididos polo mundo da seguinte maneira:
África: ........ 31
América: .... 252
Asia: .......... 9
Europa: ...... 6
Isto implica unha correspondencia continuada (a cual temos arquivada), unha relación persoal cando veñen de vacacións e por suposto un cauce para lles axudar. En verán organizamos o Encontro cos Misioneiros que están de vacacións.
II.- Outro apartado moi importante é a FAMILIA GESTO do MIM, en Ourense temos aproximadamente 4.500 socios de GESTO e 600 SUPER GESTO.
Para os socios enviámoslles cada 2 meses a revista, reciben un carnet cuns compromisos, unha pegatina, un pin e nalgúns centros realizan reunións.
III.- ENFERMOS MISIONEIROS. Temos 1.300 persoas que reciben cada dous meses un tríptico especial para persoas enfermas.
IV.- MISIÓN DIOCESANA. A Diocese de Ourense irmandouse con outra de Ecuador, Portoviejo.
Casas familiares na actualidade (de madeira débil), que serán reconstruídas.
Alí temos dous sacerdotes ourensanos e catro relixiosas traballando. Algúns leigos visitan e colaboran con esta misión en vacacións, un equipo encárgase de enviar cada dous meses menciñas e agora estamos cunha campaña de "Fogares de Cristo" para axudar a realizar casiñas para familias precisadas cun custe de 500 €.
Este é o aspecto que presenta unha das casas construida na campaña "Fogares de Cristo"
V.- O SCAM Servicio de Animación Misioneira. En momentos concretos visítannos algúns misioneiros e van a Colexios, Parroquias e Grupos a da-la súa testemuña e comparti-las súas experiencias. Nós ofrecemos este servicio en momentos concretos e vostedes poden pedilo cando queiran, pois estamos ó voso servicio e á vosa disposición.
VI.- Festivais da Canción Misioneira. Forman parte dun traballo con mozos e nenos como unha plataforma para axudar á evanxelización a través da música
e cauce para expresar sentimentos de solidareidade e preocupación pola problemática do Terceiro Mundo. Os Festivais celébranse en duas edicións, unha a Xuvenil e outra a Infantil ó longo de todo un fin de semana do mes de abril ou maio.
Festivaies
da Canción Misioneira
Ano 2011
Información xeral (convocatoria, bases, normas, etc.)
Ano 2010
Información xeral (convocatoria, bases, normas, etc.)
Ano 2009
Información xeral (convocatoria, bases, normas, etc.)
Crónica dos Festivais
Ano 2008
Información xeral (convocatoria, bases, normas, etc.)
Crónica dos Festivais
Ano 2007
Información xeral
Crónica do Festival Xuvenil
Crónica do Festival Infantil
Montaxe presentación "Ayer tuve un sueño"
Ano 2006
Información xeral
Crónica do Festival Infantil
- Álbume de fotos
Crónica do Festival Xuvenil
- Álbume de fotos
Ano 2005
Información xeral
Crónica
Ano 2004
(Gala 35 anos)
Información xeral
Crónica
|