Institucións Volver atrás

DELEGACIÓN
DE
MEDIOS DE
COMUNICACIÓN
SOCIAL
   
       

 

   

DELEGADO

    Rvdo. D. Jorge Eugenio Estévez Álvarez

    Responsable da Oficina de Prensa:
         Dña. Cristina Rodríguez López

DIRECCIÓN POSTAL

    Bispado de Ourense
    Apartado de correos 142
    32080  Ourense

LOCALIZACIÓN

    Rúa Progreso 26
    32003 Ourense

CONTACTO

    (+34) 988 36 61 50
    (+34) 988 36 61 49
     Correo electrónico: prensa@obispadodeourense.com

 
 
INFORMACIÓN

 


Que facemos aquí
Programación curso 2007/2008


 

Subir al inicio de la página

Que facemos aquí

Subir al inicio de la página

Programación para o curso 2007-2008

OBJETIVO XENERAL
Que a comunicación na nosa Diocese contribúa a alcanzar a comuñón, a fomentar o sentimento de comunidade e a facer chegar o Evanxeo á sociedade actual, contando coas novas posibilidades que ofrece a tecnoloxía.

Accións:

Prensa:

  • Continuar traballando para que a revista Comunidade, actualizada no seu deseño e contidos, constitúa un medio de comunicación que reflicta a actividade da Diocese, poña en relación as diferentes zonas e contribúa a facer chegar a Mensaxe do Evanxeo á sociedade de Ourense.
  • Colaborar coa Delegación de Catequese para explicar na revista diocesana Comunidade os distintos ministerios de forma pedagóxica e atractiva.
  • Continuar ofrecendo ás diferentes Delegacións a posibilidade de dispoñer da revista Comunidade para dar a coñecer as súas actividades e contribuír a alcanzar os seus obxectivos.

Radio:

  • Manter semanalmente o Informativo Diocesano cada domingo en COPE
  • Difundir a axenda da Diocese tódolos luns, e facilitar informacións diariamente á Cadea COPE para que se manteña a presencia dunha sección de información da Igrexa diocesana tódalas mañás.
  • Ampliar a emisión do programa de radio "O Espello da Diocese de Ourense", dunha hora de duración, a dous venres ó mes, coa perspectiva de acomete-la súa emisión de forma semanal. Continuar sendo reflexo da vida diocesana e dando cabida neste espacio á difusión de actividades das diferentes Delegacións.
  • Realizar un mínimo de tres programas en COPE-Galicia colaborando coas Delegacións de Medios das cinco
    Dioceses galegas.

Televisión:

  • Facernos presentes nas emisoras de TV que o soliciten, e coordinar ás persoas da Igrexa que deben participar.

Outras actividades:

  • Celebrar cos Medios a festa de San Francisco de Sales.
  • Colaborar en continuar difundindo o Ano Xubilar de San Rosendo de cara á súa clausura no mes de novembro.
  • Ser instrumento para recibir e ofrecer información da Diocese de Ourense, empregando os medios de comunicación para dar a coñecer a realidade social das diferentes zonas e arciprestados.
  • Seguir coordinando e facendo chegar ós medios de comunicación as convocatorias e noticias que se xeren dende as diferentes Delegacións.
  • Colaborar cos medios de prensa, radio e televisión, atendendo as solicitudes de datos e información que nos fan chegar, e informándoos de acontecementos diocesanos que poidan ser de interese mediático.
  • Dar a coñecer os materiais e a mensaxe do Papa de cara á 42ª Xornada Mundial das Comunicacións Sociais.

Subir al inicio de la página

 

  Volver atrás