Onte e Hoxe / Onte / Patróns e Santos Voltar á páxina anterior

 

 

  San Martiño de Tours

Imaxe que preside o Retablo Maior da Catedral de Ourense.

 

Martín e a capa.

San Martiño de Tours naceu en Hungría no ano 316, pero a súa educación recibiuna en Pavia (Italia). Xa dende moi novo sentiu un cariño especial polo tema relixioso, pero ós 15 anos viuse obrigado a entrar no exército, servindo a cabalo na garda imperial romana. É neste período cando xorde unha das historias máis fermosas e máis coñecidas do noso santo. Un día de inverno moi frío, a tropa romana entrou na cidade francesa de Amiens. Alí, Martiño atopa un home pobre que estaba nu e que lle implora caridade; ó non ter moedas que lle dar, Martiño sacou a espada, cortou polo medio a capa que levaba e deulle a metade a aquel pobre home. Os seus compañeiros mofáronse del, pero a acción caritativa foi docemente recompensada, xa que a tradición conta que aquel mesmo día pola noite viu en soños a Xesucristo vestido co mesmo anaco de tea que lle dera ó mendigo.

 

A súa vida pastoral.

Liberouse do exército en Worms no ano 356, bautizouse e encamiñouse cara a Poitiers para unirse ós discípulos de san Hilario. Alí comezou a súa vida dedicada a Cristo, seguindo as ensinanzas deste ilustre santo. Despois de coñecer as principais virtudes cristiás e de pasar uns días na súa cidade natal, dirixiuse a Milán. Ó cabo duns anos retirouse a unha pequena illa preto de Xénova, levando unha vida de silencio e austeridade. Mais san Hilario pediulle que retornara a Poitiers e alí fundou un mosteiro, concretamente na localidade de Ligugé. No ano 370 é consagrado bispo de Tours. Un dos seus primeiros actos foi fundar outro mosteiro, o de Marmoutiers. Durante a súa estada en Tours loitou contra o paganismo, a adoración ós falsos ídolos e contribuíu especialmente ó espallamento da fe cristiá, aínda que isto non sempre lle foi fácil. Tivo na súa contra a tódalas persoas amantes do luxo, a persoas pobres de fe e mesmo a sacerdotes que non vían con bos ollos aquela vida de austeridade do santo.

 

Máis tradicións e lendas.

Arredor da figura de San Martiño de Tours xiran numerosas tradicións e lendas.

  • En diferentes estampas sae ás veces debuxado un ganso. E é que... Martiño, cheo de humildade, non aceptou nun primeiro momento ser bispo de Tours. Refugando do nomeamento agochouse nun escondedoiro, pero non lle serviu de nada, xa que foi delatado pola gralla dun ganso. Alí atopárono uns eclesiásticos e convencérono.

  • Tamén se di que en Tours quixo cortar unha aciñeira á que veneraban os pagáns. Eles dixéronlle que o podía facer sempre e cando a árbore caera derriba del. Sen pensalo dúas veces, Martiño cortou a aciñeira, e cando ía caer sobre o seu corpo, ergueu a man, fixo o sinal da cruz e a árbore caeu rapidamente cara ó outro lado.

  • Tamén se conta que un día mentres oraba na súa cela se lle apareceu un rei cunhas pezas de púrpura, un diadema de ouro e pedras preciosas sobre a súa cabeza e uns zapatos de ouro. O rostro era puro e atraente. Aquela figura preguntoulle a San Martiño: "Martiño, ¿ recoñécesme?". Despois duns segundos de silencio, aquela estraña persoa díxolle: "Son Cristo e quería presentarme ante ti". Pero Martiño non lle fixo caso. "¿Como podes dubidar?", preguntou aquela figura. Entón respondeulle: "Cristo non ha volver envolto en púrpura e en ouro. Só che farei caso se me amosas as túas chagas". Aquela figura desapareceu rapidamente e a cela encheuse de fume e xofre, elementos que delataban aquel curioso visitante.

  •  

    O seu derradeiro suspiro.

    Martiño de Tours faleceu nun dos lugares máis fermosos de Francia, en Candes. Os seus discípulos, que querían estar con el ata o último momento, pedíanlle que continuase vivindo, xa que de non facelo o seu rabaño quedaría exposto a grandes perigos. El contestou: "Señor, se aínda son necesario non rexeito seguir vivindo. Que a túa vontade se realice plenamente". E antes do seu derradeiro suspiro dirixiuse ós seus discípulos con estas palabras: "Deixádeme, irmáns, ollar ó ceo máis que á terra para dirixir dende agora a miña alma polo camiño que debe conducila cara ó Señor". Era o ano 397.

    Onomástica e padroado.

    A súa onomástica é o 11 de novembro. É o patrón por excelencia dos soldados e, xunto a San Francisco de Asís, dos teceláns e fabricantes téxtiles. Pódenlle pedir amparo os mendigos. É o patrón de Francia, de Hungría e de diferentes cidades, entre elas: Amiens, Aviñón, París e Utrech. Ademais posúe a titularidade da diocese de Ourense e da catedral, na que comparte o padroado con Sta. María. San Martiño é patrón de 32 parroquias diocesanas. Son multitude as tallas e pinturas que representan o santo en toda a xeografía ourensá.

     

    Existe unha narración de Gregorio de Tours (538-673) na que se conta que a conversión dos suevos se debeu a un milagre de San Martiño de Tours, e por iso o fixo patrón da diocese:O rei suevo Carriarico tiña un fillo, chamado Mirón, gravemente enfermo. Chegándolle ós oídos a sona dos milagres que facía o santo, mandou preparar unha embaixada con agasallos de ouro e prata para obter a curación do seu fillo, algo que non conseguiu. Carriarico pensou que isto se debía á diferente relixión que profesaba, polo que mandou edificar unha igrexa en honra de San Martiño de Tours. Enviou unha nova embaixada pedindo que lle mandaran reliquias do santo e prometendo aceptar todo o que predicasen os sacerdotes. Chegaron as reliquias, o fillo do rei sandou milagrosamente e o monarca converteuse con toda a súa grea. Igualmente cesou unha peste de cólera que existía daquela.”

     

     

     

    Os ourensáns con devoción á patroa de Ourense poden visitala na igrexa que leva o seu nome. Pénsase que probablemente fora este o emprazamento da primitiva catedral de Ourense, que tiña como advocación a San Martiño de Tours. Foi arrasada polas incursións árabes e normandas, reconstruíndose no 1084 tal e como reza nunha inscrición lateral. Aquela basílica derrubouse no ano 1722 para erguer a nova igrexa de estilo barroco a iniciativa do bispo Marcelino Siuri.

    Da primeira basílica só quedan unha serie de columnas no segundo e terceiro corpo, e mais a advocación a Santa María, que fora unha das primitivas xunto coa de San Martiño, que pasou á nova catedral. Esta igrexa posúe tres corpos e tres panos enmarcados en pilastras acanaladas; na zona superior destacan motivos heráldicos no frontón e dous torreóns ós lados.

    No interior presenta planta de cruz latina con bóveda nervada, e un retablo churrigueresco en madeira na súa cor natural coa imaxe barroca de Santa María Nai no centro. Aquí asentou a escola catedralicia dende inicios do século XIII.

     

     

    Subir al inicio de la página

    San Francisco Blanco (18/09/1570 - 05/02/1597)
         Natural do Tameirón
         Martirizado no Xapón 

    San Rosendo (27/11/907 - 01/03/977)
         Natural do Val de Salas
         Faleceu en Celanova
         Bispo de Mondoñedo, fundador de Celanova
         Vicerrey de Galicia

    Beato Sebastián de Aparicio (20/01/1502 - 25/02/1600)
         Natural de A Gudiña
         Morreu en Puebla de Los Ángeles (México)

     

    Beato Pedro Vázquez (hacia 1591, 25/08/1624)
         Natural de Verín
         Martirizado no Xapón

     

    Beato Juan Jacobo Fernández (25/07/1808 - 10/07/1860)
         Natural de Piñor de Cea (Carballeda)
         Martirizado en Damasco

     

    Beato Faustino Míguez (1831-1925)

         Natural de Xamirás (Acebedo do Río)

         Presbítero Escolapio e Fundador das Calasancias

     

    Beato Sergio Cid Pazo (24-IV-1884 - 30-VII-1936)
         Natural de Allariz. Sacerdote, membro da comunidade Salesiana de Sarriá (Barcelona)

         Morreu en Barcelona durante a guerra civil.

    Beato Gil Rodicio Rodicio (20-III-1888 - 4-VIII-1936)
         Natural de Requeixo. Coadxutor, membro da comunidade Salesiana de Sarriá (Barcelona)

         Coadxutor. Morreu en Barcelona durante a guerra civil.

     

     

    Subir al inicio de la página

    San Ansurio, Bispo de Ourense dende antes do 915 ata o 922
         Construtor de Santo Estevo de Ribas de Sil 

    San Hermoigio, Bispo de Tui
         Viviu retirado en Santo Estevo

    San Vimaresio, Bispo (século X)
         Viviu retirado en Santo Estevo

    San Franquila, Abad de Santo Estevo (século X)

    San Manilán, Prior de Celanova, morreu no 1012

    Subir al inicio de la página

     
      Voltar á páxina anterior