| Encontro cos Arciprestes e Delegados |
29 de febreiro de 2012
Esta mañá celebrábase no Seminario Maior de Ourense a reunión de Arciprestes e Delegados, contando coa presencia do Bispo de Ourense. [+]
|
| Beato Sebastián Aparicio |
29 de febreiro de 2012
Coma tódolos anos, o pasado sábado 25 tivo lugar a festa do beato Sebastián de Aparicio, fillo e patrón de A Gudiña e un dos pocos cristiáns da nosa diocese subido ós altares. [+]
|
| Parroquia de Santa Eulalia de Pereda |
29 de febreiro de 2012
O venres, día 2 de marzo, primeiro venres de mes, ás 18:00 horas, Hora Santa na capela de San Pantaleón de Viduedo con adoración ó Santísimo Sacramento, oración polas vocacións e rezo do Via Crucis. |
| San Rosendo |
27 de febreiro de 2012
O 1 de marzo, solemnidade de San Rosendo, procesión claustral en Celanova ás 11:30 horas, seguida da Celebración Eucarística, presidida polo Bispo de Ourense, ea entrega do premio “Manuel Iglesias” ó P. Damián Yáñez, pola súa traxectoria de investigación da vida monástica. |
| Cine y Vida |
27 de febreiro de 2012
Este mércores 29 de febreiro haberá unha nova sesión do ciclo de Cine e Vida coa proxección da película "El fin es mi principio" no Centro Cultural da Deputación ás 20:00 horas. |
| Parroquia de Santiago de As Caldas |
27 de febreiro de 2012
O venres 24 de febreiro o Bispo de Ourense, Monseñor Leonardo Lemos, visitaba a parroquia de Santiago de As Caldas, para agradecer persoalmente o seu traballo ós 40 voluntarios que colaboraron na organización da súa Ordenación Espicopal. [+]
|
| Contra a fame |
27 de febreiro de 2012
A parroquia de Xunqueira de Espadañedo organizou distintas actividades neste mes de Mans Unidas para sensibilizar sobre a situación de moitas persoas no mundo que non teñen acceso a atención sanitaria. [+] |
| Colecta para Cáritas diocesá |
23 de febreiro de 2012
Na colecta realizada o día da ordenación do novo Bispo de Ourense na Catedral recaudáronse un total de 3.003,24 euros que foron destinados a Cáritas diocesá de Ourense. |
| Mércores de Cinsa |
23 de febreiro de 2012
O Bispo de Ourense, Monseñor Leonardo Lemos Montanet, presidía onte a Misa do Mércores de Cinsa na S.I. Catedral. [+] |
| Primeira Carta Pastoral do Bispo de Ourense: Coresma |
20 de febreiro de 2012
O Bispo de Ourense, Monseñor Leonardo Lemos Montanet, adica a súa primera Carta Pastoral á Coresma, dirixiendo a tódolos seus diocesáns unha reflexión para axudalos a vivir este tempo de gracia, centrada no lema do seu ministerio episcopal: Omnia in Caritate. Descargar Carta Pastoral.
|
| Dimensión caritativa da Eucaristía |
20 de febreiro de 2012
O sábado 25 de febreiro terá lugar no Seminario Maior un cursiño co tema: "A Eucaristía, pan partido e mesa compartida", co obxectivo de vivir a dimensión caritativa da Eucaristía para edificar comunidades humanizadas e humanizadoras que compartan os bens cos máis necesitados. Descargar información. |
| Real Mosteiro de Santa Clara de Allariz |
20 de febreiro de 2012
O pasado domingo o noso Bispo, Monseñor Leonardo Lemos, visitaba a comunidade de relixiosas de Santa Clara de Allariz. Tarde deledicia festiva para esta comunidade tan querida para a nosa Diocese ó recibir a visita do seu Pastor. [+] |
| Novo documento sonoro "El Espejo de la Diócesis" |
20 de febreiro de 2012
Dispoñible o documento de audio MP3 do programa de "El Espejo de la Diócesis", realizado o venres 17 de febreiro de 2012. Entrevista ó Señor Bispo de Ourense, Monseñor Leonardo Lemos Montanet. [+] |
| Conferencia sobre a xuventude actual |
20 de febreiro de 2012
Seguindo coa celebración do 10º aniversario do Grupo Scout Axóuxere, dende a parroquia de San Pío X, e en colaboración co Centro Teolóxico a Distancia "San Martín", organizamos unha conferencia sobre "Luces e sombras da xuventude actual". [+] |
| Mércores de Cinsa |
20 de febreiro de 2012
O Mércores de Cinsa marca o inicio do Tempo de Coresma. O Bispo de Ourense, Monseñor Leonardo Lemos, presidirá este día a Misa das 20:00 horas na S.I. Catedral. |
| Monseñor Leonardo Lemos visita o Seminario |
15 de febreiro de 2012
O Bispo de Ourense, Monseñor Leonardo Lemos Montanet, aproveitaba os primeiros días desta semana para visitar o Seminario, compartindo o día cos seminaristas do Mayor e os alumnos do Menor, que nos enviaban unha crónica do encontro. [+] |
| Primeiros encontros |
Monseñor Lemos reuniuse na primera semana do seu episcopado cos traballadores da curia diocesana, os seus máis inmediatos colaboradores, visitou o Seminario Maior e o Seminario Menor e tivo un encontro cos membros do Cabido da S. I. Catedral. [+]
|
| Oración diocesana polas Vocacións |
15 de febreiro de 2012
Este xoves 16 de febreiro, terceiro xoves de mes, celébrase a Oración diocesana polas Vocacións, no convento das Escravas do Santísimo Sacramento (Praza das Mercedes), ás 20:00 horas. |
| Luces e sombras da xuventude actual |
15 de febreiro de 2012
O venres 17 de febreiro unha conferencia de Juan María González-Anleo, autor do informe "Jóvenes españoles 2010" exporá a situación da xuventude actual, dentro do X aniversario do grupo Scout Axóuxere. Será ás 20:00 horas no Centro Cultural da Deputación. Descargar cartel. |
| Vixilia de preparación para a chegada do noso novo Bispo |
10 de febreiro de 2012
O venres 10 de febreiro ás 20:00 horas, tiña lugar na parroquia da Nosa Señora de Fátima, unha Vixilia de preparación para a chegada do noso novo Bispo, Monseñor Leonardo Lemos Montanet. Palabras enviadas por D. Leonardo para a Vixilia. |
| Acto académico de despedida de D. Leonardo Lemos en Santiago |
10 de febreiro de 2012
O xoves 9 de febreiro celebrouse o acto académico de despedida do noso Bispo electo no Instituto Teolóxico Compostelano, organizado por alumnos, profesores e amigos de D. Leonardo. [+] |
| Eucaristía homenaxe a D. Leonardo Lemos en Santiago |
02 de febreiro de 2012
O mércores tivo lugar en Santiago de Compostela, unha Eucaristía homenaxe a D. Leonardo Lemos Montanet, bispo electo de Ourense, presidida polo Arcebispo, D. Julián Barrio, e á que asistiron máis de douscentos sacerdotes concelebrantes. [+] |
| Novo documento sonoro "El Espejo de la Diócesis" |
06 de febreiro de 2012
Dispoñible o documento de audio MP3 do programa de "El Espejo de la Diócesis", realizado o venres 3 de febreiro de 2012. [+] |
| Novos documentos: Número de febreiro de Comunidade |
01 de febreiro de 2011
A publicación mensual Comunidade distribuese xa no seu número de FEBREIRO. Recolle noticias de interés da vida diocesana da Diocese de Ourense, actualidade nacional e outras seccións habituais. [+] |
| Novos documentos: PASTORALIA 37 - Especial Sr. Bispo |
01 de febreiro de 2011
Xa se pode consultar en formato PDF nesta web o nº37 de PASTORALIA, a publicación da Vigairía de Pastoral, no seu número especial sobre o nomeamento de D. Leonardo Lemos como novo bispo de Ourense. [+] |
| Concerto solidario de Mans Unidas |
01 de febreiro de 2012
Este venres 3 de febreiro Mans Unidas organiza o seu tradicional concerto solidario no Auditorio de Ourense ás 20:00 horas, para financiar unha unidade móvil para a alfabetización e a atención sanitaria en Angola. Fila Cero en Novagalicia: 2080-5252-96-3000001616. |
| Novos documentos: Número de febreiro de Comunidade |
01 de febreiro de 2011
A publicación mensual Comunidade distribuese xa no seu número de FEBREIRO. Recolle noticias de interés da vida diocesana da Diocese de Ourense, actualidade nacional e outras seccións habituais. [+] |
| |