Documentos / Revista Auriensia Voltar á páxina anterior

  

Publicación anual do Instituto Teolóxico

"Divino Maestro" da Diocese de Ourense

 
 

RESPONSABLE:


     D. Ramiro González Cougil
 

CONSELLO DE REDACCIÓN:


     D. José Antonio Gil Sousa
     D. Evaristo Rúa Prieto
     D. Miguel Ángel González García
     D. Jorge Eugenio Estévez Álvarez
 

SECRETARIO:


     D. Francisco José Prieto Fernández
 

CÓMO CONTACTAR:


     Carreteira do Seminario 20
     32002   Ourense
     Tfn: +34 988 22 27 50
 

PUBLICADO ATA O DIA DE HOXE:


AURIENSIA - Nº1 (1998)

AURIENSIA - Nº2 (1999)

AURIENSIA - Nº3 (2000)

AURIENSIA - Nº4 (2001)

AURIENSIA - Nº5 (2002)

AURIENSIA - Nº6 (2003)
AURIENSIA - Nº7 (2004)
AURIENSIA - Nº8 (2005)
AURIENSIA - Nº9 (2006)
AURIENSIA - Nº10 (2007)

 

 

EDITORIAL


Comezamos con humildade (que non quixésemos que soase a tópico) a andadura da revista "Auriensia", baseada na colaboración de todos os mestres do Instituto Teolóxico "Divino Maestro", afiliado á Pontifícia Universidade de Salamanca. Queremos que a revista se abra tamén a tódolos estudosos do rico campo, que se denomina hoxe coa expresión "fé-cultura".

Desexamos unirnos a outras revistas, editadas en Galicia, e que, desde semellantes ou distintas perspectivas, se soman a un obxectivo común.

Pablo VI reflexionou con frecuencia sobre a importancia dunha Fe que para ser madura, debe encarnarse nas culturas. Son súas as seguintes verbas: "a evaxelización perde moita da súa forza e da súa eficacia se non toma en consideración á aldea concreta á que se dirixe, se non utiliza a súa lingua, os seus signos e símbolos, se non responde ás cuestións que plantexa, non chega á súa vida concreta".

O Concilio Vaticano II dedicou o segundo capítulo da GS ó tema do progreso cultural. Neste capítulo aborda, pasados xa máis de trinta anos, con profundidade e acerto, a relación entre a Fe cristiá e a cultura (GS 57-62). Pero o mesmo tema é abordado máis brevemente en outros documentos do Concilio (LG 17; AA 7; AG 9, 11, 15, 22; GE 8; NA 2).

A "Evangelii nuntiandi", chamada "carta da evanxelización das culturas" se apoia para o seu discurso no GS. Retomando GS 53 fala no n. 20 da importancia de evanxelizar a fondo a cultura e as culturas dos homes, tendo sempre presentes as relacións das persoas entre si e con Deus. Neste mesmo número di Pablo VI que "o drama do noso tempo é a ruptura entre o evaxeo e a cultura". Ben sabemos que esta tarefa non é doada e que os problemas que se plantexan son moitos. Por iso o camiño é o de inculturar a Fe e evanxelizar a cultura.

Fé e cultura presentanse, ás veces, como realidades opostas, pero son complementarias e están chamadas a armonizarse de maneira fecunda. Unha Fe que non valorase e desenvolvese todos os xeitos que a perfeccionan a vida humana, persoal e social, non sería unha Fe madura. E unha cultura que non se abrise e, mesmo potenciase os xeitos transcendentes e relixiosos da persoa, non merecería tal nome. Unha cultura que se pecha ós valores espirituais e á persoa de Xesucristo, obxectivada (con defeitos e pecados) na Igrexa, o seu sacramento, non colmará todas as capacidades e obxectivos do home.

Galicia ten unha riquísima cultura que inclue: a língua, unha sensibilidade própia, a sabedoria popular, unha maneira de ver o mundo e as persoas, o seu mundo simbólico-representativo, os acentos própios da súa relixiosidade, a sua historia, artes e costumes.

A nosa revista quere estudar e reflexionar os temas teolóxico-filosóficos, pastorais e antropolóxicos, como unha pequena contribución ó diálogo entre a Fe cristiá e a nosa cultura. Desexamos facé-lo nunha apertura de ollos ás outras culturas, en complementariedade co pensamento moderno.

Deste xeito, cando nos atopamos no "solpor" do século XX e avistamos xa, con esperanza, os inicios do século XXI, quixéramos pór o noso gran de area para esa síntese desexada entre a vida cultural e a vida de Fe dos homes, sobre todo dos que viven en Galicia. Temos en mente, no noso caso, ás grandes personaxes, que fai ainda poucos anos, no noso Ourense, uniron en si a paixón pola cultura galega e a vivencia dunha fé cristiá. Tal foi o caso de: D. Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Cuebillas, Xoaquín Lorenzo, etc.

A Igrexa en Galicia e todos os que estiman a cultura integral da nosa terra, ten a obriga de estudar e valorar as "raices" e dotes das nosas xentes, para construir unha civilización madura e armoniosa na convivencia. Pero tal madurez persoal e social, relixiosa, cultural e política non chegará ó seu cume sen que todos estudemos, dialoguemos e respeitemos os campos distintos e complementarios. Non é o camiño a redución das dotes e obxectivos diversos da persoa e sociedade. É preciso que, respeitando a "xusta autonomía das realidades terreas", cada quen ofreza como un servicio humilde a súa aportación, en diálogo e complementación cos demáis. Isto pediao xa o Concilio Pastoral de Galicia, "Documento dos leigos", p. 6.23; 6.25-6.27.

Tampouco non é postura a intransixencia ou dogmatismo pechado. Sobre todo no terreno das ciencias do home (antropoloxía, etnografía, socioloxia, psicoloxia, etc.), é preciso unha confrontación serea, rigorosa na súa seriedade científica e orientada a conseguir a verdade que sirva á persoa e á aldea.

Pensamos que o noso Centro, coa súa sede no Seminario Maior, pode e debe tentar este esforzo de diálogo entre a Fe vivida e celebrada e a cultura que enriquece ós homes e á sociedade de hoxe. Deste xeito os futuros sacerdotes, que hoxe se preparan para o seu ministerio, poden atopar na revista un estímulo ó seu estudo e á integración dos valores culturais do mundo galego na sua visión de Fe. Esta síntese intelectual e vivencial irana preparando no Seminario, para ser os sacerdotes que a Igrexa e o mundo desexa. Se a revista e os seus colaboradores (profesores) lles axudamos, será motivo de gran felicidade.

Estes son os nosos obxectivos e desexos cando iniciamos o camiñar da revista "Auriensia". Deus queira segundar os nosos desexos e que todos os estudosos deste terreo se sintan alentados a traballar e entrar en diálogo con nós.

Ramiro González
Ourense

Subir

 

  Voltar á páxina anterior